Skip to Content

XXIII Certame Internacional de Regueifas en Valadares (2ª xornada)

02/01/2021 18:30

Chega o XXIII Certame Internacional de Regueifas en Valadares.

O Certame, que este ano se celebrará en tres xornadas (27 de decembro, 2 e 3 de xaneiro) no Auditorio do CVC de Valadares, contará coa participación de improvisador@s vid@s de todos os recantos do país, ademais da presenza internacional, representada por cantadores ao desafío do país veciño, Portugal.

Para comezar o ano con bo pe, a xornada do sábado día 2 (dedicada a actividades paralelas á regueifa como o recitado, o slam, impro teatral...) estará guiada pola poeta e tradutora Lara do Ar e contará coa presenza do grupo 8mm Teatro e o monologuista e escritor Carlos Meixide, que recuncarán coa súa retranca no escenario vigués. Na derradeira xornada do día 3 (domingo) pecharase o Certame deste ano cunha nova mostra de improvisación, que estará conducida polo regueifeiro Mani Braga e contará coa participación dos cantadores ao desafío portugueses Walter Sao Martinho e Paulino Brasileiro; o rabelista cántabro Miguel Cadavieco; e @s improvisador@s galegos Xairo de Herbón ou a regueifeira e cantora Alba María, que ofrecerá un espectáculo de romances improvisados xunto ao seu irmán Queco Díaz.

Por vixésimo terceira vez: Mil primaveras máis para a regueifa en Valadares!

AdjuntoTamaño
CARTEL REGUEIFAS 2 XANEIRO.pdf114.1 KB
CERTAME DE REGUEIFAS 2 XANEIRO.pdf61.66 KB
NOTA PRENSA REGUEIFAS 2 XANEIRO.pdf92.94 KB