Skip to Content

XIII CERTAME INTERNACIONAL DE IMPROVISACIÓN ORAL

XIII CERTAME INTERNACIONAL DE IMPROVISACIÓN ORAL

desafío, improvisación e inxeño

9,10 E 12 DE OUTUBRO NO VERBUM EN SAMIL E NO AUDITORIO DO C.V.C.VALLADARES NO PEDREGAL – DE BALDE -
PROGRAMA
Sábado día 9:
12,00 a 13,30 h.- Verbum: Obradoiro de iniciación a improvisación en verso
19,00 a 21,00 h.- Verbum: Re-tranca literaria e musical

Domingo día 10:
12,00 a 13,30 h.-Verbum: Obradoiro de iniciación e improvisación en verso
19,00 a 21,00 h.- Auditorio do CVC Valladares-Pedregal: Mostra Internacional de Regueifas
Martes día 12:
12,00 a 13,30 h.- Verbum: Obradoiro iniciación a improvisación en verso
19,00 a 21,00 h.- Verbum: Encontro de nov@s regueifeir@s e rapeir@s

Sábado día 9:
12,00 a 13, 30 h.- A REGUEIFA, con:
XOSÉ MANUEL VARELA (Bergantiños)
PINTO D ´HERBÓN (Herbón – Padrón)

Domingo día 10:
12,00 a 13,30 h.- A TROVA COLOMBIANA con:
RADIO LOCO E PICAFLOR Troveros colombianos)

Martes día 12
12,00 a 13,30 h.- O TEATRO IMPROVISADO APLICADO A REGUEIFA con:
PEPA YAÑEZ (Actriz)

Aviso: Aínda que non é obrigatoria a inscrición si que é recomendable facelo, ben no teléfono 986467053 , fax: 986467052 ou nos e-correos: cvallada@ctv.es ou oral@regueifa.org, para ter unha previsión de asistencia. Os que asistan a 3 obradoiros están convidados ó xantar regueifeiro do día 12 de outubro (hai que confirmar a asistencia). Os que ademais se suban ese mesmo día ó escenario percibirán unha pequena gratificación en concepto de axuda de desprazamento

LIMIAR:

Despois de 15 anos de iniciada a andaina para tratar de por en valor a improvisación oral en verso do País (aínda que esta sexa a XIII edición que celebramos), podemos dicir que o Festival ten unha estructura consolidada, na que se podería, sen dúbida afondar, pero dado os tempos que corren conformarémonos con poder mantela ata que o temporal amaine.

O MAIS SALIENTABLE DESTA EDICIÓN

1º.- O obradoiro de iniciación a improvisación renova o seu profesorado, tocándolle este anos pasar por el a Pinto d ´Herbón, acompañado por un experto bergantiñán nas tradicións populares da bisbarra, ós troveros colombianos que nos poran en contacto coas técnicas latinoamericanas e o derradeiro día a actriz performer cabareteira,... Pepa Yañez, que xa conta cunha dilatada e vivificante traxectoria na escea galega.

2º.- No día adicado a Literatura e Música retranqueira este ano tratamos de misturar a poesía de formas modernas representada por Serxio Iglesias, Raul Gómez Pato ou Calros Solla con textos recollidos da cultura popular por prestixiosos estudiosos como Antón Cortizas ou Xosé Manuel Varela, ambos dous procedentes de terras coruñesas. Para tratar de dinamitar esta dicotomia convidamos ao sempre estimulante prosista, neste caso vestido de monologuista improvisado, Santiago Jaureguízar.

3º.- Na Mostra Regueifeira temos ocasión de ver de novo aos colombianos “Los Troveros del Sur” e ó payador arxentino Wilson Saliwonzyk que terán que medirse cos nosos cada vez máis experimentados e divertidos Regueifeiros.

4º.- Para @s nov@s reguifeir@s temoslle preparado un escenario cheo de minas a xeito de probas lingüisticas e performáticas sementadas pola “Coronelesa” Pepa Yañez, que confiamos superen con habilidade senón queren quedarse no campo de adestramento.

5º.- Ese mesmo día agardamos que os rapeiros que convidamos este ano superen o listón tan alto que deixaron o ano pasado os integrantes do colectivo 504, estaremos expectantes a ver que armas usan para superar ese reto “que a improvisación os acompañe”.

6º.- Os nosos colaboradores da Asociación Oral de Galicia fannos chegar tamén varias mensaxes para tódol@s interesad@s no arte da improvisación en verso:

a) Moi pronto estará dispoñible a “Metodoloxía da improvisación en verso, elaborada pola Pedagoga Marina Porto Crespo, contratada a través do Plan de Cooperación da Xunta de Galicia (Consellería de Traballo e Benestar Social)

b) Na edición do vindeiro ano trátarase de presentar tamén o Estudo paradigmático da improvisación en verso na Galiza e a lusofonia que está redactando por conta desta asociación o Historiador e musicólogo da parroquia Ramón Pinheiro Almuinha.

c) Posiblemente, tal e como prometera no seu día o Tenente de Alcalde do Concello de Vigo, poidamos dispor no curso 2011-2012 dun obradoiro experimental de formación de regueifeiros que abra as portas a creación da 1ª Escola permanente do País. É evidente que este soño só será posible si existen interesad@s en formar parte del.

d) Lembrádevos que xa tendes unha web (regueifa.org) na que curiosear periodicamente e seguir os improvisadores no seu percorrido por Galicia. Nese mesmo espazo tamén podedes propor espazos nos que amosar o arte destes prestidixitadores da palabra.

PROGRAMACIÓN

Sábado 9

19,00 h.- Retranca Literaria e musical no Verbum
Apertura: Santiago Jaureguizar co monólogo “Todos somos escritores (máis algúns non sabemos disimulalo).
Xornalista de “El Progreso” e escritor lugués de orixe vasca, ten sacado do prelo numerososas publicacións dirixidas tanto ó público xuvenil como adulto nas que sempre trata de entreter ó lector. Cabe suliñar “Fridom Spik”, “Todo a cen”, “Comendo espaguetis diante da televisión”, “A rutina corsaria”, “As horas sociais,...

19,15 h.- Raul Gómez Pato
Poeta ourensán licenciado en Filoloxía clásica e profesor de latín e grego, é tamén pintor, gravador e tradutor. Este polifacetico artista xa ten editado varios poemarios entre eles : “Choiva, vapor e velocidade”, “A casa deshabitada da familia Pena”, “Verba quae supersunt”e o derradeiro, “Tratado de zooloxía para corazóns mareados en edicións Positivas.

19,30 h.- Antón Cortizas
Profesor e investigador de longa traxectoria, sobrancea como autor de literatura infantil e xuvenil, sendo galardoado con numerosos premios ó longo da súa prolifica e variada carreira. Unha mostra da súa polivaleancia é que desta volta traémolo para que amose algúns dos contidos do derradeiro libro “Ao pe da Laxa da Moa”, “ Literatura de tradición oral de Carnota”, como moitos dos anteriores editado por Xerais.

19,45 h.- Ivan e Josito
Este duo lugués que iniciou a andaina no ano 2001 é especialmente coñecido na súa provincia, aínda que co seu 1º disco “Mundo de risa” realizaron unha xira de presentación por toda a xeografía estatal. O repertorio abrangue temas de contido máis transcendente con outros máis retranqueiros e non por iso menos serios. Estes últimos serán os que interpreten para nós.

20,00 h.- Xosé Manuel Varela
Especialista en lingua e literatura galega e tradutor. Na actualidade exerce de docente no ensino medio a vez que colaboura con medios de comunicación, asemade fai de dinamizador lingüistico e cultural na Costa da Morte que é onde centra o seu universo de creación e investigación como acreditan a edición de escritores do rexurdimento literario galego (S. XIX) na de poetisas populares bergantiñás e outros.

20,15 h.- Serxio Iglesias
Aínda que nado en Bos Aires, criouse na Coruña e deuse a coñecer como poeta nos 80 escribindo en revistas (Agalia, Luzes,...) e resultando premiado en varios certames literarios. Asemade integrou dous nomeados colectivos poéticos como foron O Batallón Literario da Costa da Morte e o inefable e influinte Ronseltz. Na actualidade é profesor.

20, 30 h.- Calros Solla
Repite entre nos este profesor, activista social e activo poeta posuidor dunha linguaxe fértil, profunda e radicalmente creativa. Seria imposible neste reducido espazo enunciar tódolos seus escritos que van do ensaio a crónica e ó xornalismo, pero como poeta cabe salientar a entoloxía “Ras e tritongo”, ¨”Libro de reclamacións” “reGaliza e outras chuches” e “Cerdedo in the Voyager I”, na actualidade reeditado por Morgante. Si pode presentará algúns dos seus poemas na compaña de varios dos compoñentes dos “Chichisos” de Pontevedra.

20,45 h.- Tetra e Freek
Duo de “Ponk” composto por un picheleiro e un andaluz, fachendean de misturar o auga co aceite (dentro do eido musical) e de ser o grupo máis provocadoramente divertido da escea galega contemporanea. Nas súas actuacións so recollen ou ben éxitos clamorosos ou ben fracasos estrepitosos. Agardemos que desta volta no recollan unha man de oxti.... e que a policia non teña que chapar o Verbum.

DOMINGO 10

19,00 H.- XIII MOSTRA INTERNACIONAL DE REGUEIFAS NO AUDITORIO DO CVC VALLADARES, SITO NO PEDREGAL
Apertura e presentación do evento por Bieito Lobariñas

19,10.- REGUEIFA BERGANTIÑÁN
- Suso de Xornes
- Antonio de Xornes
19,30.- REGUEIFA DO PAÍS
- Luis “O Caruncho”
- Josiño da Teixeira
19,50.- MESTURA PAYADA – REGUEIFA
- Wilson Saliwonzyk (Arxentino)
- Pinto d`Herbón (Galicia)
20,15.- TROVA COLOMBIANA
- Los troveros del Sur (Colombia)
. Edwin (Radio Loko)
. Jhon – Picaflor
20,45.- Despedida colectiva

MARTES 12

19,00.- ENCONTRO DE NOV@S REGUEIFEIR@S E RAPEIROS NO VERBUM
Apertura e presentación do evento pola mestra de ceremonias “Pepa Yañez”

19,10.- Espectáculo de improvisación coa participación de nov@s fistores galegos procedentes de Escolas e Tabernas do País.

20,00 h.- Exhibición de Rap en estilo libre cos MC´s
- Naipillo e Peter de Compostela
- Pablo e Thomas da bisbarra de Pontevedra
- Dj Gus, de Beatus Illie.

Enderezos:
Verbum (Avda. Samil s/n) Auditorio do CVC Valladares Pedregal – Estrada Xeral de Valadares 261 – Vigo. Webs: ctv.es/USERS/cvallada ou regueifa.org