Skip to Content

Regueifas no ciclo "No verán un conto" (Vigo)

06/08/2022 20:45

O programa "No verán un conto" elaborado polo SNL do Concello de Vigo para este verán contará coa presenza de regueifeiras e regueifeiros da Asociación ORAL de Galicia. A segunda xornada será o sábado 6 de agosto, ás 20:45h na praza da Pedra (Casco Vello). A disputa dialéctica nese segundo evento chegará desde Bergantiños, capital da regueifa, pois correrá a cargo do mítico Suso de Xornes e da brava Lupe Blanco... Non a perdades!

AdjuntoTamaño
2.jpg146.72 KB