- Somos
- Historia
- Regueifeir@s
- Facerse regueifeir@
- Disciplinas paralelas
- Axenda
- Novidades
- Obradoiros Didácticos de Regueifa na Provincia de Pontevedra (febreiro/marzo 2019)
- Xornada "A poesía improvisada como recurso educativo" (Moaña, 16/2/2019)
- XI Certame Escolar de Regueifa (15/2/2019)
- IV Xornada de Dinamización Lingüística (21/1/2019, Pontevedra)
- Crónica do XXI Certame Internacional de Improvisación Oral de Valadares 2018
- XXI Certame Internacional de Improvisación Oral de Valadares 2018
- Presentación da Regueifesta 2018 - 2019
- Obradoiro e actuación en Verín
- A regueifa como recurso educativo na XI Xornada de recursos educativos en galego (2018): A educación musical
- Curso de regueifa no CIOV 2018/2019
- Regueifa no Pensando en ti da RG
- Regueifadas en Vigo (agosto 18)
- Regueifeir@s en Mora d´Ebre
- Homenaxe ao Ribeira de Louzarela
- II Certame Escolar de Poesía Improvisada (O Morrazo)
- Regueibertso 2018
- Crónicas da III Regueifesta
- Regueifeiros en Laudio (Euskal Herria)
- III Regueifesta
- X Certame Escolar de Regueifas de Valadares 2018
- Regueifeir@s no programa A Revista da TVG
- Sesión didáctico - práctica de regueifa en Vigo
- “Festival do Brindo” na Pobra do Brollón
- Regueifeir@s no "Festival Respira" de Compostela
- Enreguéifate fai obradoiros nos institutos de Carballo
- Regueifeir@s no programa Boas Tardes da TVG
- Obradoiros de regueifa na Casa dos Veciños do Couto (marzo 2018)
- Enreguéifate 2018!
- Regueifeiras no Luar (2/3/2018)
- II Encontro de Mulleres Repentistas da Galiza
- Entrevista a Alba María no Diario Cultural
- Regueifando en Lalín
- 2º Encontro de Mulleres Regueifeiras da Galiza
- Regueifa na presentación d´O Diario Galego
- Chega Enreguéifate 2018!
- Obradoiros de regueifa en Ponteceso (Aldea do Couto)
- Presentación do libro “Metodoloxía Didáctica do Repente Galego" (Cangas)
- Regueifeir@s no Zig Zag Diario
- Final Txapelketa Nagusia 2017
- XX Certame Internacional de Improvisación Oral en Verso
- II De Repente en Compostela
- Presentación do libro "Regueifa en Bergantiños", de Alba María
- Pasamento de Pepe de Forgas, Brindeiro do Courel
- Galería de Imaxes
- Documentos Sonoros
- Vídeos
- Artigos xornalísticos
- Libros regueifeiros
- A Punta da Navalla
- Ligazóns
- Contacto
- Patrocinadores
Obradoiros Didácticos de Regueifa na Provincia de Pontevedra (febreiro/marzo 2019)
A Asociación ORAL de Galicia coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Pontevedra oferta Obradoiros Didácticos de Regueifa para o alumnado de secundaria da Provincia de Pontevedra. Achegamos a Carta de Presentación enviada aos centros educativos e as Bases de participación nesta acción formativa arredor da Improvisación Oral en Verso. Agardamos as vosas inscricións!
CARTA DE PRESENTACIÓN DE OBRADOIROS DIDÁCTICOS DE REGUEIFA PARA O ALUMNADO DE SECUNDARIA DOS CENTROS EDUCATIVOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Dende a Asociación ORAL de Galicia convidámosvos a participar nunha acción formativa arredor da regueifa e da improvisación oral en verso que se realizaría nas vosas instalacións en dous obradoiros repartidos en dúas datas diferentes comprendidas entre o 14 de febreiro e o 8 de marzo. Ademais, tamén vos animamos a formar parte nunha Exhibición final, de presenza voluntaria (non obrigatoria) para os centros, que se celebrará o 20 de marzo no Auditorio do CVC de Valadares (Vigo) e onde a rapazada poderá poñer en práctica o aprendido nos dous obradoiros recibidos. Para participar nesta Exhibición a organización axudará cunha contía de 100€ para gastos de desprazamento.
A acción formativa, totalmente de balde e financiada pola Área de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra, será impartida pol@s nos@s monitor@s/regueifeir@s PARA O ALUMNADO DE SECUNDARIA e intentarase encadrar nas datas que elixa o propio centro. En total ofertamos 100 obradoiros para toda a provincia, polo que o número máximo de institutos participantes será de 50.
Agardamos que esta proposta sexa do voso agrado e convidámosvos a participar, para o que achegamos as bases completas e a ficha de inscrición, que deberá ser cumprimentada e enviada ao enderezo electrónico oral@regueifa.org entre os días 4 e 8 de febreiro de 2019, ambos inclusive.
BASES DA CONVOCATORIA DE OBRADOIROS DIDÁCTICOS DE REGUEIFA PARA O ALUMNADO DE SECUNDARIA DOS CENTROS EDUCATIVOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
A Área de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra promove e financia en todos os centros educativos da provincia OBRADOIROS DIDÁCTICOS DE REGUEIFA (controversia tradicional en verso antecedente do rap) PARA O ALUMNADO DE SECUNDARIA, que terán lugar entre os meses de febreiro e marzo. O proxecto divídese en dúas partes e o número de prazas limitarase a 50.
I: OBRADOIROS NOS CENTROS
Impartiranse un total de 100 obradoiros didácticos (2 por centro) de xeito gratuíto, nos que, respectando sempre a nosa tradición e cultura oral, se traballarán conceptos poéticos (como a rima, o ritmo ou a métrica) dende unha perspectiva respectuosa e igualitaria, pero onde a retranca e o sentido do humor terán un papel preponderante.
Alumnado ao que vai dirixido: alumnado da ESO
Nº de prazas: máximo 50 alumn@s en cada sesión
Lugar de realización: no propio centro de ensino
Material necesario: un taboleiro e xices (ou rotuladores) para o profesor / papel e bolígrafos para o alumnado
Datas: como os obradoiros se reparten en 2 sesións irase unha vez na 1ª quenda e outra na 2ª:
• 1ª quenda: 14,15,18,19,20,21 e 22 de febreiro
• 2ª quenda: 25,26,27 e 28 de febreiro e 1,7 e 8 de marzo
Horarios dos obradoiros: 9.30h a 11.00h e de 12.00h a 13.30h
II: EXHIBICIÓN FINAL
Por ser a primeira edición, farase unha exhibición/demostración final. Para chegar a este evento é necesario inscribirse previamente e limitarase a participación no mesmo a un número de 10 centros. Se houber máis de 10 institutos inscritos nesta parte, o procedemento para elixir os participantes será o seguinte: 5 entrarán por sorteo e outros 5 serán propostos polo equipo de monitor@s que impartirán os obradoiros. Os equipos representantes dos centros deberán estar formados por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10. Este evento realizarase o 20 de marzo de 2019 dende as 10.00h ata as 13.15h no Auditorio do CVC de Valadares (Vigo).
INSCRICIÓNS: teléfono para consultar dúbidas: 986467053 ou no 630914275 en horario de 10.00h a 15.00h e de 17.00h a 22.00h
Onde e como anotarse: enviando cuberta a ficha adxunta ao correo-e: oral@regueifa.org
Prazo de inscrición: do 4 ao 8 de febreiro, ambos inclusive
Prioridade: escolleranse os institutos que primeiro se inscriban, pero no caso de superar as 50 prazas habilitadas, daráselle preferencia aos que se comprometan a participar no evento final.
Exemplos tipo das roldas na Exhibición Final:
Sobre o escenario hai 10 alumn@s de distintos centros que realizan 3 exercicios propostos pol@s regueifeir@s que guían o acto:
• Unha copla de presentación, outra na que teñen que inserir dúas ou máis palabras e outra copla que ten que rematar cun verso dado (pé forzado).
Un xurado, composto por 3 persoas do eido da improvisación oral en verso galega, decidirá que alumn@s regueifeir@s pasan á semifinal despois de sumar a puntuación obtida por cada un/unha nos exercicios formulados.
Con este mesmo esquema faranse unhas dez roldas, tendo no remate das mesmas unha media de 20 semifinalistas, que se dividirán en dous grupos de 10, dos que se escollerán @s catro finalistas seguindo o mesmo método que na fase previa. En caso de empate entre institutos, o xurado sería o que decidiría cal deles ten un mellor balance e, de persistir o empate, o xurado decantaríase por aquel que participase con máis efectivos nesta fase.
TRANSPORTE
A organización non pode asumir o custe total do desprazamento dos centros, pero si que fará unha achega de 100,00€ por cada un dos asistentes á Exhibición Final, polo que será cada centro o que asuma a diferenza restante para poder desprazar un autobús e poder acudir á para participar ou animar o seu equipo. Non se admiten máis de 55 persoas por centro para non superar a capacidade do local en que se vai celebrar o evento.
AGASALLOS E PREMIOS
O instituto gañador na Exhibición recibirá un agasallo valorado en 600€.
As catro persoas vencedoras na final recibirán un premio de carácter individual.