Skip to Content

I Encontro de Mulleres Repentistas da Galiza

28/01/2017

Estimada amiga:

Ola, somos Nuria Penas e Noa Guzmán, alumnas da materia "Regueifa e Improvisación Oral en Verso", de 2º da ESO, no IES Marco do Camballón de Vila de Cruces. Como membros do grupo de coordinación do I Encontro de Mulheres Repentistas da Galiza, no que tamén está o noso profesor Séchu Sende, queriamos convidala ao encontro que estamos a organizar coa fin de xuntar a mulleres repentistas da Galiza e desfrutar mentres regueifamos ou nos coñecemos mellor.

No noso instituto levamos varios anos a aprender a regueifar. A Regueifa rexurdiu en Vila de Cruzes coa enerxía das rapazas e rapazes que gostamos de improvisar.

Nas nosas actividades temos como un dos obxectivos aprender valores e práticas feministas.
Queremos participar nunha renovación, actualización, modernización da regueifa con valores para a mudanza social e sentimos que no movimento de revitalización do repente galego o feminismo é imprescindíbel para conseguirmos unha Galiza, e un mundo, máis xusto.

Por iso, iniciamos un proceso de participación entre o alumnado, profesorado, nais e pais, e xente colaboradora para organizar un encontro de mulleres regueifeiras en Vila de Cruces.

O dia que vamos celebrar o Encontro de Mulheres Repentistas é o 28 de xaneiro. Ese sábado temos pensado facer:
Unha asemblea de mulleres, para falarmos da situación actual.
Un obradoiro de regueifa feminista, impartido por Alba María, para aprendermos algunhas cousas.
Un espectáculo de Regueifa, para cantar.
E algunha cousa mais...

De entrada, pensamos que dous bos motivos para este encontro son xuntarnos para regueifar e xuntarnos para aprender entre nós, falar, debater sobre o repente galego, as mulleres, o feminismo e outras cousas. Por outro lado, é un bo momento para visualizar que a primeira xeración contemporánea de mulleres improvisadoras xa está aquí.

Gostariamos de contar coa túa participación.
Que che parece esta idea?

https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=1855928694653346&id=18...