Skip to Content

Axenda

Domingo Agosto 07, 2022
Inicio:07/08/2022 19:00

O vindeiro 7 de agosto celébrase en Seoane do Courel (Lugo) o "XXV Filandón de Músicas do Caurel" no que participarán @s regueifeir@s Lupe Blanco e Kike Estévez.

Venres Agosto 26, 2022
Inicio:26/08/2022 20:45

O programa "No verán un conto" elaborado polo SNL do Concello de Vigo para este verán contará coa presenza de regueifeiras e regueifeiros da Asociación ORAL de Galicia. A terceira xornada será o venres 26 de agosto, ás 20:45h na praza da Independencia (Rúa Camelias). A regueifa dese terceiro evento correrá a cargo da xa mítica parella regueifeira, vigueses pero afincados en Gondomar, Luís O caruncho e Bieito Lobariñas... Non a perdades!

Sábado Agosto 27, 2022
Inicio:27/08/2022 19:00

O vindeiro 27 de agosto celébrase en Monterrei (Ourense) a "XXXVII Xuntanza Internacional de Gaiteir@s en Monterrei" na que participarán @s regueifeir@s Alba María e Kike Estévez.

Martes Agosto 30, 2022
Inicio:30/08/2022 20:45

O programa "No verán un conto" elaborado polo SNL do Concello de Vigo para este verán contará coa presenza de regueifeiras e regueifeiros da Asociación ORAL de Galicia. A cuarta e derradeira xornada será o martes 30 de agosto, ás 20:45h diante da praza de Abastos de Teis. A regueifa dese derradeiro evento correrá a cargo do gran regueifeiro bergantiñán Suso de Xornes, que estará acompañado do vigués Kike Estévez, reeditando así as semifinais do último "Campionato de Regueifa" celebrado en Carballo... Non a perdades!

Distribuir contenido