- Somos
- Historia
- Facerse regueifeir@
- Disciplinas paralelas
- Axenda
- Novidades
- XXIII Certame Internacional de Regueifas en Valadares
- Curso de improvisación oral en verso do CIOV (2020-2021)
- Comeza o "Vai de regueifa", o concurso estrela na nova temporada do Luar!
- O derradeiro brindo do Ribeira
- Chega o XXII Certame Internacional de Improvisación Oral en Verso de Valadares (decembro 2019)
- Chega a IVª Mostra 'De repente, en Compostela'
- Matricúlate no Curso de Regueifa do CIOV para o curso 2019-2020
- Sesión didáctico práctica de regueifa no café Catro a Catro (Vigo)
- 1º Certame Provincial de Regueifas Escolares (20/3/19)
- Obradoiros Didácticos de Regueifa na Provincia de Pontevedra (febreiro/marzo 2019)
- Xornada "A poesía improvisada como recurso educativo" (Moaña, 16/2/2019)
- Crónica do XXI Certame Internacional de Improvisación Oral de Valadares 2018
- XXI Certame Internacional de Improvisación Oral de Valadares 2018
- Presentación da Regueifesta 2018 - 2019
- A regueifa como recurso educativo na XI Xornada de recursos educativos en galego (2018): A educación musical
- Regueifeir@s en Mora d´Ebre
- Homenaxe ao Ribeira de Louzarela
- Regueibertso 2018
- Crónicas da III Regueifesta
- X Certame Escolar de Regueifas de Valadares 2018
- Regueifeir@s no programa Boas Tardes da TVG
- Regueifeiras no Luar (2/3/2018)
- II Encontro de Mulleres Repentistas da Galiza
- 2º Encontro de Mulleres Regueifeiras da Galiza
- Presentación do libro “Metodoloxía Didáctica do Repente Galego" (Cangas)
- Final Txapelketa Nagusia 2017
- Galería de Imaxes
- Documentos Sonoros
- Vídeos
- Artigos xornalísticos
- Libros regueifeiros
- A Punta da Navalla
- Ligazóns
- Contacto
1º Certame Provincial de Regueifas Escolares (20/3/19)
O vindeiro mércores 20 de marzo, coincidindo co Día Mundial da Narración Oral, celebrarase no Auditorio do CVC Valadares (Vigo) a 1ª Exhibición Final Provincial de Regueifas Escolares, organizada pola Asociación ORAL de Galiza e promovida polo Servizo Provincial de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra.
Unha vez impartidos os obradoiros didácticos entre o alumnado de secundaria de 41 centros educativos de toda a provincia, dende os días 14 de febreiro ata o 7 de marzo; chega o día final desta acción formativa, onde a rapazada terá que poñer en práctica o aprendido nos dous obradoiros recibidos en cada centro.
Os centros educativos escollidos polos docentes regueifeiros para participar no evento son o IES Ribeira de Louro, do Porriño; o IES Francisco Asorey, de Cambados; o IES Aquis Celenis, de Caldas de Reis; o María Soliño, de Cangas; o IES de Ponte Caldelas; e o Alexandre Bóveda, IES Castelao, Rosais 2, San Tomé Freixeiro e María Inmaculada Carmelitas, todos de Vigo.
Nun evento que xirará arredor de temáticas como a ecoloxía, o feminismo ou a lingua galega; un total de 100 alumnas e alumnos dos dez centros escolmados para participar no evento terá que enfrontarse ás probas propostas polos regueifeiros que guiarán o acto, que neste caso serán o redondelán Josinho da Teixeira e o vigués Kike Estévez. Para rematar a xornada, o deputado de Cultura, Xosé Leal, fará acto de entrega dos agasallos correspondentes entre o alumnado e centros participantes.