Skip to Content

Regueifadas en Vigo (agosto 18)

A Consellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo a través do seu Servizo de Normalización Lingüística continua este verán co seu programa "No verán un conto", onde dá cabida á arte regueifeira. Os días 20 de xullo e 20, 21 e 22 de agosto celebraranse unhas regueifadas ao cargo do alumnado do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo (CIOV) acompañados do seu mestre: o regueifeiro, músico e cantador Josinho da Teixeira.