Skip to Content

Regueifa no Pensando en ti da RG

Dende o venres 3 de agosto, a regueifeira Alba María exercerá como colaboradora-trasnoitadora no programa Pensando en Ti da Radio Galega, capitaneado por Isabel Pichel. Durante agosto, nas madrugadas do xoves para o venres, de 2:00 a 6:00. Escoitádenos se queredes saber de cousas pequenas e bonitas. Improvisando, cantando, recitando, conversando... Se sodes aves nocturnas (obrigadas ou por elección propia) sintonizade a Radio Galega!!