Skip to Content

Regueifa no Festival Rosalía 2020

29/02/2020 12:30

A Deputación da Coruña, o Concello de Santiago e o Museo do Pobo Galego organizan o 3º Festival Rosalía ao longo do día 29 de febreiro en Compostela. O evento, que se celebrará na praza de Cervantes, contará con diversas actividades durante toda a xornada, entre as que atopamos dúas onde a regueifa será a protagonista. En primeiro lugar haberá un obradoiro contra ao mediodía, que contará coa participación d@s regueifeir@s Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Kike Estévez. Para rematar a xornada, o público asistente poderá presenciar unha nova actuación d@s regueifeir@s que servirá de introdución ao posterior concerto de Tino Baz, co que se dará peche a esta xornada.