Skip to Content

Presentación do libro “Metodoloxía Didáctica do Repente Galego"

17/01/2018 20:00

O vindeiro mércores 17 de xaneiro, ás 20.00h, terá lugar a presentación do libro “Metodoloxía Didáctica do Repente Galego n´A Fonte do Galo Rock´N Roll Bar, coa participación dun d@s autor@s, Kike Estévez.

1. Para comezar o faladoiro faremos unha pequena introdución do libro que vén de saír do prelo, Metodoloxía do repente galego
2. En segundo lugar achegarémonos un pouco á actualidade da improvisación oral en verso na Galiza e arredor do mundo
3. Para rematar, a regueifa encherá A Fonte do Galo Rock´N Roll Bar cunha pequena demostración desta arte

E todas as partes coa participación aberta e posibilidade de preguntas ou aclaracións en calquera momento da charla.

E que Medre a Regueifa!
E que viva A Fonte do Galo!

Ligazón ao evento no Facebook d´A Fonte do Galo: https://www.facebook.com/events/1419673338156005/

Dirección do local en Bing Mapas: https://binged.it/2Dp02uF

Foto de A Fonte Do Galo  Rock And Roll  Bar.

Video do evento:

AdjuntoTamaño
26733875_893314664163126_663649004822587353_n.jpg39.55 KB