Skip to Content

Curso de Regueifa no CIOV 2018/2019

Esta semana saiu a nova do novo curso de regueifa. Josinho da Teixeira segue un ano máis co Curso de Improvisación ORAL en verso no CIOV de Vigo, que será os mércores de 18.00h a 20.00h. O curso é de balde, non é necesario estar empadronado en Vigo e xa está aberto o período de inscrición. Para anotarse hai que mandar unha mensaxe ao enderezo electrónico snl.actividades@vigo.org